Ir o contido principal
OS COMERCIOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL “XINCANA DO ALÉN 2026” PODEN INSCRIBIRSE ATA O DÍA 22 DE SETEMBRO DE 2026

XINCANA DO ALÉN 2026

FacebookTwitterShare
xincana

OS COMERCIOS INTERESADOS EN PARTICIPAR NA CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN COMERCIAL “XINCANA DO ALÉN 2026” PODEN INSCRIBIRSE ATA O DÍA 22 DE SETEMBRO DE 2026

Tras a excelente acollida  do ano pasado entre compradores e comerciantes, o Concello, mediante a Concellería de Normalización Linguística, Participación e Promoción Económica,  dálle continuidade a esta campaña de dinamización arredor do Samaín.

A Xincana do Alén é unha campaña municipal de dinamización comercial, cultural e lingüística que desenvolverase entre o 26 e o 31 de outubro de 2026.

Durante eses días, os comercios adheridos transformaranse nun taboleiro de xogo baseado nas lendas galegas e o imaxinario do Samaín.

O público familiar avanzará por unha ruta flexible resolvendo retos e misterios nos distintos escaparates.

Como gran reclamo para fomentar as compras na vila, a xincana contará cun fondo de 500 € en premios (5 vales de 100 €) que se sortearán o 31 de outubro para ser consumidos exclusivamente nos propios negocios locais.

Nestes momentos, a empresa adxudicataria está reunir ós comercios participantes.

Como poden inscribirse os comercios para participar?

As vías oficiais para tramitar a inscrición antes do martes  22 de setembro son as seguintes:

 

1. A través do formulario web:  https://pidopapas.com/samain/  

2. A través das asociacións de comerciantes locais colaboradoras, poñéndose en contacto con ACICA ou Cangas Vella.

Máis información:  https://pidopapas.com/xincana/

xincana