O PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA O PEIRAO MANTENSE ABERTO ATA O 12 DE OUTUBRO
O Concello de Cangas mantén aberto o servizo de atención do Punto de Información Turística O Peirao, situado na estación de autobuses de Cangas.
Este servizo finánciase grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra destinada ás oficinas integradas na rede Info Rías Baixas. A achega permitiu responder ás dúbidas de residentes e visitantes durante o verán de 2026 e manterá a súa actividade ata o 12 de outubro.
Tras esta data, o punto volverá abrir durante o Nadal para atender a demanda de visitantes que rexistra Cangas neste período do ano.
Como mellora do servizo, ofrécense tamén dúas visitas guiadas gratuítas semanais polo casco antigo de Cangas. Estas visitas teñen lugar os luns e venres ás 11.00 horas e non precisan inscrición previa.
- Log in to post comments



