BEGOÑA CAAMAÑO: O TRANSGREDIR DAS ONDAS
O Concello de Cangas acolle o vindeiro venres 15 de maio, ás 19.00 horas, a representación de Begoña Caamaño: o transgredir das ondas, unha peza arredor da figura da xornalista, escritora e activista galega á que se dedica este ano o Mes das Letras Galegas en Cangas.
A proposta, incluída no programa FalaRedes, achega ao público a unha creadora comprometida coa lingua, coa igualdade e cos dereitos das mulleres. A través da escena, a obra convida a descubrir a forza dunha voz que fixo da palabra unha ferramenta de pensamento crítico, memoria e transformación.
Begoña Caamaño: o transgredir das ondas é unha peza de Paula Carballeira, interpretada por Rocío González e dirixida por Chiqui Pereira. A representación terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas.
Datos da actividade
Obra: Begoña Caamaño: o transgredir das ondas
Data: Venres, 15 de maio
Hora: 19.00 horas
Lugar: Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas
Programa: FalaRedes
A actividade forma parte da programación do Mes das Letras Galegas en Cangas.
- Log in to post comments



