Ir o contido principal

19º Salón do Cómic e Ilustración de Cangas

FacebookTwitterShare
comic

Finalmente, e despois do aprazamento causado pola pandemia Covid-19 sufrida o ano pasado, podemos anunciar a celebración do 19º Salón do Cómic e Ilustración de Cangas. Tiñamos moitas ganas de volver despois de tanto tempo, e máis aínda de deixar atrás un 2020 tan duro para todos e todas. Por iso estamos especialmente emocionados de presentarvos o marabilloso cartel desta edición creado por Susy Broullón, unha artista da terra que dende moi pequena comezou a destacar no medio participando e gañando os nosos concursos de cómic.

Este ano gozaremos do marabilloso traballo Ilustración - Ana Oncina , Javier Olivares, Leandro Barea e Santiago Sequeiros cos/coa que charlaremos e compartiremos contigo a súa ilustre presenza. Xa os/a coñeces, pero presentarémolos máis adiante nas nosas redes sociais. Séguenos para non perder nada ?.

Ademais, teremos os nosos obradoiros de cómic habituais, outorgaremos os premios do 18º Certame de Cómic de Cangas, proxectaremos as mellores películas de cómic e animación dos últimos meses, bailaremos cos/coas participantes do noso concurso de cosplay e presentaremos máis novidades e sorpresas que seguramente non queres perderte.

? Benvido ao 19º Salón do Cómic e a Ilustración de Cangas. Agardámoste! ?

? Se queres imprimir o cartel, podes descargar o pdf (DIN A4 / 300PPP) no seguinte apartado de descargas.

? Entre as actividades programadas no 19º Salón do Cómic e ilustración de Cangas, convocamos o II Concurso Cosplay.

⬇️ Podes descargar as bases [PDF] aquí: