1 de decembro de 2025. Día Mundial da loita contra á SIDA
1 de decembro de 2025. Día Mundial da loita contra á SIDA
Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida co obxectivo de apoiar ás persoas que viven co VIH e recordar ás que faleceron por enfermidades relacionadas coa sida.
Cada Día Mundial del Sida xira en torno a un tema diferente. No 2025 o lema é Superar as disrupcións, transformar a resposta á sida.
Galicia conmemora este día co lema “Quererte é protexerte”, incidindo na prevención tamén noutras ITS e continuando a loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas tanto polo VIH como polas outras enfermidades de transmisión sexual.
O Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve unha campaña divulgativa en centros escolares de secundaria, bacharelato e formación profesional así como con outras entidades que traballan no eido do VIH/sida e outras ITS. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas. Distribúense preservativos, carteis do Día Mundial da Sida, adhesivos co lazo vermello e folletos con información preventiva.
O Concello de Cangas contará con stands con información sobre o tema e preservativos nas seguintes dependencias municipais: UAD, Casa da Xuventude e Benestar social.
- Log in to post comments



