Ir o contido principal

Carballal de Coiro

Carballal de Coiro

Este carballal, situado na parroquia de Coiro, representa unha das máis importantes masas de bosque autóctono da costa sur de Galicia.

Ten un gran valor para esta comarca pola súa función de captador e manancial de auga.

Pódese acceder a el por varios lugares. Primeiro, vindo de Bueu a Cangas pola PO- 551, xusto ao chegar ao Alto da Portela, collemos un desvío á esquerda que vai dar á ermida de San Cosme.

Pouco a pouco introducímonos na Fraga, pasando pola fervenza do río Bouzós, que discorre dende a zona de Ermelo e que agocha numerosos muíños sendo o máis coñecido o de «Fausto».

Atravesamos una corredoira en forte pendente que converxe coa pista principal que ven desde San Cosme. Por alí atoparemos varios cruces de camiños que levan ao monte da Pena, ao da Paralaia ou ao de Érmelo.

Neste espazo natural a árbore dominante é o carballo (Quercus robur). Atopamos tamén especies autóctonas como o castiñeiro, a cerdeira, e outras. Nesta mancha é abundante a coñecida falsa acacia (Robinia pseudo acacia), loureiros, sanguiños, estripeiros… Son algúns dos arbustos que forman parte do sotobosque.

Declarado Espazo Natural Protexido polos seus valores ecolóxicos, paisaxísticos e recreativos, ao igual que Cabo Home e Barra. Este carballal conta cunha superficie aproximada de 365 hectáreas localizadas nos lindes dos concellos de Bueu, Cangas e Moaña