Ir o contido principal

Mercados municipais

Mercados municipales

Praza de Abastos

Praza de AbastosA Praza de Abastos, rexistrada como ben municipal, está distribuída en dúas plantas e un engadido externo a edificación principal. A edificación principal foi construída sobre muros de pedra do país e cuberta sobre cercas de ferro e cubrición de uralita con tella do país e con lucernario central. A planta baixa accédese pola parte central dos catro lados e está destinada á venda de peixe na zona central e á venda de produtos cárnicos na perimetral. Na planta alta, á que se accede sobre escaleiras e ascensores a ámbolos dous extremos lonxitudinais, sen actividade comercial nestes momentos, con postos só na zona lonxitudinal con oco central. Na súa parte central existe unha pasarela que comunica as dúas zonas de venda. A data de construción desta edificación 1940.

A zona adicional data de 1984, dedicada en exclusiva á venda de peixe e marisco fresco. En planta baixa, realizada en muros de ladrillo revestido e cuberta de chapa de aceiro con zonas de policarbonato para a súa iluminación natural.

Praza de Abastos 2A Praza de Abastos  regúlase polo REGULAMENTO DO MERCADO MUNICIPAL DE ABASTOS DE CANGAS publicado no Boletín Oficial de Pontevedra número 156 de martes dezaseis de agosto de dous mil cinco.

Situada na Rúa Castelao 1, e facendo mazá en única edificación, linda ao seu norte coa Avda. Eugenio Sequeiros, ao sur co vial PO551, ao leste cos Xardíns do Señal e ao oeste coa Alameda Vella.

A superficie da edificación principal ten uns 955 m2 e a ampliación de 392 m2. A Praza de Abastos de Cangas conta cun total de 87 postos de venda, nos cales actualmente desempeñan a súa actividade diaria cerca de 75 profesionais, sendo arredor de 50 postos específicos para a venda de peixes e mariscos, ademais doutros postos adicados a outras actividades como a venda de carnes, froitas e verduras, produtos conxelados e panadería.

Mercado de venda ambulante

Mercado de venda ambulanteA actividade comercial configúrase como un sector de importancia fundamental na economía deste Concello, e dentro das actividades comerciais, a venda ambulante é unha modalidade que conta con gran tradición dentro do Concello de Cangas.

Considérase venda ambulante ou non sedentaria a realizada por comerciantes fóra dun establecemento comercial permanente, de xeito habitual, ocasional, periódico ou continuado, nos perímetros ou lugares debidamente autorizados, en instalacións comerciais desmontables ou transportables, incluíndo os camións ou vehículos tenda, carriños e outras instalacións de carácter itinerante.

Pola importancia desta actividade requeriu da súa propia regulamentación a nivel municipal, e o 22 de febreiro de 2013 o Pleno do Concello de Cangas aprobou con carácter definitivo A Ordenanza Reguladora de Venda Ambulante. A propia actividade de venda ambulante tamén está suxeita a outras normativas supramunicipais, como a Lei 13/2010, de 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia e a Directiva Europea 2006/123/CE do Parlamento e Consello Europeo, relativa ós Servizos no Mercado Interior.

Mercado de venda ambulante 2O mercado ambulante municipal emprázase no entorno da Praza de Abastos e a Avda. Eugenio Sequeiros, aínda que o Concello poderá modificar o emprazamento do mercado por causa de forza maior, ou de interese xeral ou municipal.

Os días de mercado serán todos os martes e venres do ano que non coincidan coas festividades. Autorízanse unicamente dous mercados extraordinarios ao longo do ano, a celebrar nunha data proposta polos vendedores/as ambulantes e aprobada pola Mesa Local de Comercio.