Ir o contido principal

VERÁN EN RUTA 2020

FacebookTwitterShare
illa dos ratos

Como cada verán o Concello de Cangas organiza en colaboración coa Asociación A Illa dos Ratos un programa de rutas guiadas gratuítas que buscan dar a coñecer e poñer en valor os recursos turísticos da vila. Nesta ocasión o programa constará de 22 rutas para as fins de semana e de 5 nocturnas que se distribuirán de forma regular entre os meses de xuño, xullo e agosto.

Para comezar, este fin de semana os interesados teñen dúas interesantes alternativas de ocio. O sábado 6 de xuño terá lugar a ruta "Intermareal, mar á vista !!!", unha ruta adecuada para toda a familia na que os guías de A Illa dos Ratos achegarán aos asistentes á gran riqueza natural do entorno de Punta Balea. Partindo da praia de Areamilla, os asistentes coñecerán aspectos moi interesantes relacionados co medio mariño como a formación das praias ou das ondas, o funcionamento das mareas ou a flora e a fauna da contorna sobre todo nas pozas da intermareal cheas de vida.

O domingo 7 será o turno para "O Hio, de pedra en pedra", unha ruta de marcado carácter patrimonial na que descubrir os segredos do famoso Cruceiro do Hio, da igrexa ou a casa reitoral.

Con motivo das circunstancias sanitarias relacionadas co COVID-19, as prazas son limitadas. Os interesados deben realizar unha inscrición previa via whasap no 611 08 08 53 ou no email info@ailladosratos.org. Asimesmo e como novidade, poden consultar toda a información do programa de rutas na web www.ailladosratos.org.

 

illa