Marchas da Dignidade
A corporación municipal de Cangas é consciente da situación dramática que están a padecer tantos fogares que dependen dunha pensión para poder vivir despois de toda unha vida de traballo.
Dada a situación dramática de moitas familias, a pensión é o único sustento co que contan para poder sobrevivir cunhas mínimas condicións, e estamos vendo como se poñen en perigo con medidas impostas desde organismos antidemocráticos como o FMI e o Banco Mundial a través da Troika Europea.
"Nas Marchas da Dignidade pensamos que estas medidas teñen como obxectivo favorecer ás entidades que ofrecen plans de pensións privados, e queremos recordar que as pensións non son privilexios, son dereitos irrenunciables".
Por este motivo, e pola situación actual, convocase unha manifestación o día 25 de febreiro na Coruña co tema central da defensa das pensións, e coas reivindicacións habituais resumidas en pan, traballo e teito.
Desde Cangas sairán autobuses para as persoas interesadas en participar nesta marcha. Basta con anotarse no teléfono 986 392 003.
- Log in to post comments