Ir o contido principal

Enredos de Verán 2021

FacebookTwitterShare
Enredos de veran 2021

ENREDOS DE VERÁN 2021

Do 28 de xuño ao 27 de agosto.

 

O Concello de Cangas dada a situación de excepcionalidade con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 e coa fin da dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende que este ano o programa Enredos de Verán vaia dirixido preferentemente as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar.

 

QUENDAS

Por mor da situación de pandemia a organización da actividade neste ano 2021 será a seguinte:

 

* Formación de grupos de máximo 50 participantes no exterior e 25 no interior, sempre en cumprimento das medidas que as autoridades sanitarias e responsables das actividades de lecer educativo deberán implantar con carácter xeral

 

* As quendas serán mensuais polo que quedará establecidas así:

     1ª quenda do 28 de xuño  ao  30 de xullo ( 5 semanas/25 días de actividade)

     2ª quenda do 2 ao 27 de agosto ( 4 semanas/20 días de actividade)

Sómente se poderá participar nunha quenda a menos que haxa vacantes

Os distintos grupos organizaranse en función da idade dos/as menores

Horario: 9:00-14:00 horas

Por mor da situación de pandemia non haberá servizo de comedor.

 

PARTICIPANTES

Terán prioridade para solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as rapazas e rapaces empadroados en Cangas (comprobarase de oficio),  sempre e cando cumpran as seguintes condicións:

1.-En canto as idades mínimas e máximas deberán terse en conta o seguinte :

- Os/As nados/as no ano  2008  non poderán cumprir 13 anos antes da finalización do campamento.

- Idade mínima:  Nados no ano 2017 .

2.- Que os/as seus/súas proxenitores ou titores/as legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario do programa.

PREINSCRICIÓN:

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR

As persoas participantes deberán presentar ademais da solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    • O xustificante do pagamento (entregarase unha vez confirmada a praza)
    • Unha fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante ou a folla correspondente do libro de familia.
    • Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
    • O cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo II).
    • A declaración responsable de cumprimento medidas COVID-19. (Anexo IV)
    • Documentos acreditativos da necesidade de conciliación.

 No caso de persoas con discapacidade ademais:

  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
  • Anexo III Cuestionario de necesidades específicas de apoio.

 As solicitudes  de preinscrición xunto coa documentación correspondente  enviaranse por correo electrónico a xuventude@cangas.gal

 Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada rapaz ou rapaza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá o tipo de quenda.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da rapaza ou rapaz que opta a participar nas actividades.

c) As solicitudes deberan estar asinadas  polos/as pais/nais ou titores/as dos/as menores.

A presentación da preinscrición implica a aceptación das normas deste procedemento.

PRAZOS

 

Preinscrición

 Do 21 de maio ao  4 de xuño

Publicación  inscritos e lista agarda

 8 de  xuño

Confirmación praza  e pago cota

 Do 8 ao 11 de xuño

 

PREZOS

  * Por quenda de 4 semanas  100 €

  * Por quenda de 5 semanas  125 €

 

Cando o importe a aboar por unha familia supere os 200 € , poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a  realizándose do seguinte xeito: 1º pago 50% no momento de realizar a inscrición, 2º pago 50%  na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.

 

 As persoas  solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumprir unha serie de requisitos:

 

1º.- Desconto por  varios irmáns: A inscrición dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscrición.

 

2.- Desconto tendo en conta a situación económica do solicitante e o seu cónxuxe ou parella. Para ter dereito a esta bonificación as persoas interesadas deberán presentar a correspondente solicitude xunto coa documentación requirida e no prazo establecido que coincidirá co período de inscrición no programa Enredos.

Para recoller a solicitude e maior información sobre esta bonificación pode dirixirse ao CENTRO MUNICIPAL DE BENESTAR SOCIAL . 

Etiquetas

#EnredosdeVerán2021

 

 

enredos de veran