Ir o contido principal

Uso obrigatorio de máscaras

FacebookTwitterShare
máscaras

O DOG estende a obrigación do uso de máscaras, e agora haberá que usala «sempre que se transite ou se estea en movemento pola vía pública e en espazos ao aire libre e, pola concorrencia doutras persoas, non se poida garantir en todo momento, atendidos o número de persoas e as dimensións do lugar, o mantemento da distancia de seguridade».

Será obrigatoria en todos os espazos pechados sempre que se coincida con outras persoas, independentemente de que se poida manter unha separación de metro e medio co resto de xente.


Só exceptúanse «os supostos en que se poida permanecer sentado se por parte da persoa titular do espazo adóptanse medidas que garantan en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas usuarias».


As máscaras usadas pola poboación xeral non poderán ter válvula exhalatoria «excepto nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada».

cartel

Concellaría de Sanidade do Concello de Cangas.