Ir o contido principal

Por segundo ano chega a Cangas e Aldán o programa Enredos de verán

FacebookTwitterShare
Por segundo ano chega a Cangas e Aldán o programa Enredos de verán

Nova proposta de campamentos de verán organizados polo Concello de Cangas. Apertura de inscricións o mércores día 26 de abril.

O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza por segundo ano o programa ENREDOS DE VERÁN 2017, que ten coma obxectivos principais:

  • Fomentar a igualdade de oportunidade
  • Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
  • Potenciar un modelo de sostenibilidade social.
  • Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  • Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
  • Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.

O programa Enredos de Verán presenta as seguintes características:

  • Dirixido a: Nenos/as de 3 a 12 anos .
  • Grupo de 3-6 anos
  • Grupo 7-10 anos.
  • Grupo 11-12 anos
  • Datas: Do 26 de xuño a 25 de agosto
  • Turnos:
    • Dous días (martes e xoves)
    • Tres días (luns, mércores e venres)
    • Semán
    • Quincena
    • Mensual
  • Horarios:
    • Actividades 9:00 – 14:00 h
    • Comedor 14:00-16:00 h
  • Actividades a desenvolver: Talleres, xogos cooperativos. Dinámicas de grupo, Actividades náuticas (somentes turno quincenal) e comedor.
  • Lugares onde se levará a cabo o programa:
    - Ceip Nazaret/Ies Rodeira.
    - Coolexio Sagrada Familia//Ceip Espiñeira-Aldán
  • O prezo varía entre:
    - Actividades de mañán: 5 €/día
    - Actividades de mañán + comedor: 9 €/día

As inscricións estarán abertas dende o 26 de abril ao 12 de maio.

Para máis información e inscrición diríxase á Casa da Xuventude, Rúa Real 29, ou chame ao teléfono: 986 392 171.

NOTA: A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade porá a disposición da veciñanza de Cangas axudas para unidades familiares que por escaseza de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. O prazo de solicitude destas axudas será do 26 de abril ao 12 de maio. Para máis información dirixirse a Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucia, 3 Baixo - Edificio Xoia ou no teléfono: 986 392 266/67