Ir o contido principal

Nota informativa do Conservatorio e a Escola de música

FacebookTwitterShare
Conservatorio Cangas

A dirección do Cmus. Profesional de Cangas e da Escola de Música “Mestre Inocentes Camaño” informa dos seguintes puntos de interese:Para evitar aglomeracións á hora de recoller as notas e de realizar a matrícula, amplíanse os días para a recollida das papeletas finais de curso e establécense as seguintes quendas de matrícula:


Entrega de notas do Conservatorio:

  • ·1º de grao elemental o 18 de xuño de 16:30 a 17:30h.
  • ·2º de grao elemental o 18 de xuño de 17:30 a 18:30h.
  • ·3º de grao elemental o 18 de xuño de 18:30 a 19:30h.
  • ·4º de grao elemental o 18 de xuño de 19:30 a 20:30h.
  • ·1º de grao profesional o 19 de Xuño de 16:30 a 17:30h.
  • ·2º de grao profesional o 19 de Xuño de 17:30 a 18:30h.
  • ·3º de grao profesional o 19 de Xuño de 18:30 a 19:30h.
  • ·4º,5º e 6º de grao profesional o 19 de Xuño de 19:30 a 20:30h.

Entrega de notas da Escola de Música:

  • ·Música e Movemento 4 anos o 26 de xuño de 9 a 10h.
  • ·Música e Movemento 5 anos o 26 de xuño de 10 a 11h.
  • ·Música e Movemento 6 anos o 26 de xuño de 11 a 12h.
  • ·Música e Movemento 7 anos o 26 de xuño de 12 a 13h.
  • ·Alumnado de guitarra o 29 de xuño de 9 a 10h.
  • ·Alumnado de percusión o 29 de xuño de 10 a 11h.
  • ·Alumnado de piano o 29 de xuño de 11 a 12h.
  • ·Alumnado de vento madeira e vento metal o 29 de xuño de 12 a 13h.
  • ·Alumnado de violín e viola o 29 de xuño de 13 a 14h.
  • ·Alumnado de violoncello o 30 de xuño 11 a 12h.
  • ·Alumnado soamente matriculado en coro adultos e/ou linguaxe musical o 30 de xuño de 12 a 13h.

AQUELAS PERSOAS QUE NON POIDAN ASISTIR NO HORARIO FIXADO A RECOLLER AS NOTAS DEBERÁN CHAMAR TELEFÓNICAMENTE PARA QUE SE LLE ASIGNE UNHA NOVA DATA

Días de matrícula do Conservatorio:

  • ·2º e 3º de grao elemental o 22 de xuño de 9:30 a 11:30h.
  • ·4º de grao elemental o 22 de xuño de 12 a 13:30h.
  • .1º de grao profesional o 22 de xuño de 13.30 a 14.30 horas
  • ·2º de grao profesional o 23 de xuño de 9:30 a 10:30h.
  • ·3º de grao profesional o 23 de xuño de 11 a 12h.
  • ·4º, 5º e 6º de grao profesional o 23 de xuño de 12:30 a 13:30h.

Días de matrícula da Escola de Música:

  • ·Música e Movemento 5 anos día 1 de xullo de 9:30 a 10:30h.
  • ·Musica e Movemento 6 anos día 1 de xullo de 11 a 12h.
  • ·Música e Movemento 7 anos día 1 de xullo de 12:30 a 13:30h.
  • ·Nivel Básico 1 o día 2 de xullo de 9:30 a 10:30h.
  • ·Nivel Básico 2 o día 2 de xullo de 11 a 12h.
  • ·Nivel Intermedio e Avanzado o día 2 de xullo de 12:30 a 13:30h.
  • ·Coro Adultos e alumnado que solo fai linguaxe musical o día 6 de xullo de 9:30 a 10:30h.
  • ·Alumnado que só está matriculado en instrumento o día 6 de xullo de 10:30 a 13:30h. –

Accesos de novo alumnado a primeiro curso de elemental ou profesional do Conservatorio do 3 ao 10 de xuño.

Accesos de novo alumnado a calquer outro curso de elemental ou profesional do Conservatorio serán n o mes de setembro.

Informarase oportunamente das datas de inscripción e de celebración de cada unha das probas.

Inscricións de novo ingreso e solicitude de instrumento do alumnado que rematou Música e Movemento do 7 ao 15 de xullo.

Debido a crise do Covid-19 o útimo pago do curso non foi pasado no seu momento. A día 26 de maio pasouse o do alumnado de conservatorio e a día 5 de Xuño pasarase o do alumnado da Escola de Música.

Lembramos unha vez máis que para calquera dúbida tedes os seguintes contactos (teléfono de contacto 986304158 e correo electrónico cmus.profesional.cangas@edu.xunta.gal) e o centro permanecerá aberto durante o mes de xuño en horario de 10 a 13h. (agás os días 18 e 19 para a entrega de notas pola tarde) para atendervos persoalmente.

 

PROBAS DE ACCESO

Con data 29 de maio a Consellería convocou as probas de acceso para o curso 2020-21.

Atendendo a esa normativa o Conservatorio Municipal de Cangas abre o prazo de inscripción desde o día 3 ata o día 10 de xuño para a celebración das probas de acceso a 1º de grao elemental e 1º de grao profesional.

As probas de acceso a 1º de grao profesional celebraránse o día 16 de xuño de xeito telemático, e as de acceso a 1º de grao elemental terán lugar no mes de setembro.

As prazas ofertadas son:

Acceso a 1º de grao profesional:
Piano              9 prazas
Guitarra          2 prazas
Saxofón          2 prazas
Percusión       1 praza
Trompeta        1 praza
Trompa           1 praza
Violín               1 praza
Violoncello      1 praza

Acceso a 1º de grao elemental:
Piano              1 praza
Guitarra          1 praza
Saxofón          1 praza
Clarinete         1 praza
Violoncello      1 praza
Violín               1 praza
Viola                1 praza
Vento metal    1 praza
Percusión       1 praza

Por outro lado, a Escola Municipal de Música "Mestre Inocentes Camaño" oferta tamén prazas en todas as materias. O prazo de inscripción será do 7 ao 15 de xullo. Coma sempre, o sorteo para ditas prazas será no mes de setembro.

 

ALUMNADO DE MÚSICA E MOVEMENTO DE 7 ANOS

O alumnado de música e movemento de 7 anos remata neste curso unha etapa na súa formación musical. Para o próximo curso os interesados en seguir estudando música poderán optar a formarse en réxime de conservatorio ou de escola de música, iniciando en ámbolos dous réximes o estudo dun instrumento.

Enviamos información das dúas opcións de continuidade: conservatorio ou escola de música. As datas de matriculación e solicitude de praza poden verse nos apartados seguintes, segundo o centro escollido.Nos primeiros días de setembro informarase das datas das probas de acceso ou sorteo segundo o caso. Tamén nesas datas intentarase facer unha reunión con todos os afectados para aclarar calquera dúbida. Calquera novidade será publicada na páxina do Concello de Cangas e remitida por correo electrónico.De momento estaremos a súa disposición no correo do centro cmus.profesional.cangas@edu.xunta.gal ou no teléfono 986 30 41 58.

Alumnado interesado en matricularse no Primeiro Curso de Grao Elemental do Conservatorio.
O Conservatorio oferta estudos oficiais, que se rexen polas directrices marcadas pola Consellería de Ensino da Xunta de Galicia. Estes estudos teñen tres etapas: Grao Elemental, Grao Profesional e Grao Superior. No Conservatorio Profesional de Música de Cangas pódense cursar as dúas primeiras etapas. A forma de acceso a calquera destas etapas é mediante unha proba de acceso.

O alumnado que cursou Música e Movemento de 7 anos, no curso 2019-2020, pode acceder ao Grao Elemental. Este grao está formado por catro cursos. Cada curso consta de tres materias: Linguaxe musical (dúas horas semanais), Educación Auditiva e Vocal (unha hora semanal), e Instrumento (no 1º e 2º curso son 30 minutos individuais e unha clase colectiva a semana, nos cursos 3º e 4º son 50 minutos individuais). É obrigatorio facer as tres materias das que se compón o curso.

A forma de acceso é mediante unha proba na que se valoran as aptitudes do alumnado en ritmo, entoación e interese persoal no instrumento escollido. As probas de ritmo e entoación son imitativas, co cal o aspirante a praza non ten que saber música. Conseguirán a praza os aspirantes que consigan a nota mais alta na proba, segundo as prazas ofertadas en cada especialidade, quedando os demais en lista de espera que irá avanzando no momento en que queden mais prazas.

Para participar na proba de acceso hai que facer unha solicitude, anotándose na especialidade que interese das ofertadas polo centro e que estarán publicadas no centro e na páxina do concello, e abonar as taxas correspondentes (15,23€) na tesourería do concello.Unha vez admitido formalizase a matrícula que ten un custo de 106,58€ (repartido en dous prazos) e unha cota trimestral de 30,45€. Prazo de inscrición para a proba de acceso do 3 ao 10 de xuño. Probas de acceso en setembro, xa se confirmarán datas.

PROBA DE ADMISIÓN 1º CURSO DE GRAO ELEMENTAL
A proba constará de:

  • Imitación Rítmica: Imitación de propostas rítmicas que se poderán realizar con un instrumento de percusión de resoancia mínima (caixa china, pandeiro, claves, etc), ou con palmas ou xestos corporais.
  • Imitación Melódica: A execución realizarase utilizando sílabas fáciles de articulación (la, na, ta,...), nun tempo moderado e con claridade de emisión. Ubicarase dentro dunha tesitura cómoda para ós candidatos/as, con pequenos exemplos de emisión de sons antes de imitar as propostas.
  • Entrevista: Pequena entrevista sobre o interese musical dos aspirantes.

En ningún momento valorarase nos aspirantes que teñan coñecementos previos.

Alumnado interesado en matricularse na escola de Música.
Os estudos na escola de música non son oficiais, polo cal a carga lectiva e menor e a flexibilidade a hora de combinar materias e maior. A oferta de materias da escola inclúe o linguaxe musical, coro e instrumento.

A materia de linguaxe musical organizase en cinco niveis , (inicio, básico 1, básico 2 intermedio e avanzado). A materia de coro ten tres niveis distintos (inicio e básico para nenos, e coro para adultos).

Os tres primeiros niveis de linguaxe musical (inicio, básico 1 e básico 2) fanse de forma conxunta co coro, sendo unha hora semanal de cada unha das materias.
O alumnado que rematou Música e Movemento de 7 anos no curso 2019-2020, xa pode matricularse directamente na materia de linguaxe musical-coro nivel inicio.
O instrumento escollese mediante sorteo no mes de setembro. Hai que facer unha solicitude para participar no mesmo e hai que estar presente no momento do sorteo pois se escolle o instrumento no momento en que sae o nome do alumno/a. O tempo de instrumento é de 20 minutos semanais individuais.
Na escola de música non é obrigatorio facer o linguaxe musical, pódese estudar soamente instrumento, pero non se aconsella xa que este alumnado non ten coñecementos de linguaxe para entender as partituras e, aínda que se pode facer, o avance e moitísimo mais lento.
O custo da matrícula na escola de música será de 91,35€ e unha cota trimestral que pode ir dos 15,23€ si solo se fai instrumento aos 25,38€ si se fai linguaxe, coro e instrumento.

Prazo de matrícula na materia de Linguaxe musical –coro e solicitude de participación no sorteo de instrumento será do 7 ao 15 de xullo. Data de sorteo en
setembro, xa se confirmarán datas.