Ir o contido principal

Cangas contra as violencias machistas

FacebookTwitterShare
Cangas contra as violencias machistas

‘Cangas contra as Violencias Machistas’ é o lema da manifestación que o Consello de Igualdade pon en marcha para o vindeiro 25 de novembro, día no que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A saída realizarase o 25N ás 12:00 horas desde a Praza do Concello.

A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade convoca a toda a veciñanza para que se sume a esta cita tan importante, posto que se quere mostrar unha imaxe de unidade contra unha das grandes lacras que asola a sociedade de hoxe en día.

Con este xesto quérese deixar claro que se repudia o maltrato en todas as súas vertentes e que se aposta por un mundo no que primen a igualdade, o respecto, o bo trato, a liberdade ou a tolerancia.

Ademais, convén lembrar que desde o día 18 ata o 26 deste mes levarase a cabo a campaña ‘Cangas en Negro’ coa que se pretende sensibilizar ás persoas contra as violencias machistas.