Comenza a exposición pública do novo rueiro da parroquia de Coiro
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO NOVO RUEIRO DA PARROQUIA DE COIRO

O Concello de Cangas concluíu a proposta para o novo rueiro da parroquia de Coiro polo que desde o próximo día 26 de outubro e ata o 19 de novembro estarán expostos os mapas e as listaxes para que os veciños os póidan consultar e presentar, se é o caso, alegacións.
A exposición realizarase no Centro Cultural de Coiro e na Casa de Cultura, unha semana en cada lugar.
Comezará o 26 ata o 29 de Outubro en Coiro continuara do 2 ao 5 de novembro na Casa de Cultura e volverá á biblioteca de Coiro do 9 ao 12 de Novembro e á Casa de Cultura, do 16 ao 19. En función da demanda dos veciños prolongarase por semanas.
O horario será de Martes a Venres, de 11:00 a 13:00 horas e de Luns a Mércores, de 16:30 a 18:00 horas.
- Log in to post comments