Aberto o prazo de inscrición
ENREDOS DE NADAL - 2022

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ENREDOS DE NADAL.
Programa lúdico e educativo que inclúe a programación de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, actividades artísticas e todas aquelas encamiñadas a acadar un desenvolvemento persoal e social dos/as nenos/as que participen no programa.
Poderán participar nenos/as de entre 4 e 12 anos.
O programa desenvolverase os días o 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro de 2022 e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro de 2023.
O prazo de inscrición será do 5 ao 19 de decembro e as prazas concederanse por rigorosa orde de entrada (prazas limitadas)
+INFO CASA DA XUVENTUDE – TLF. 986392171 – xuventude@cangas.gal
- Log in to post comments