PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO DERIVADO DA LEI 20/2021 NO CONCELLO DE CANGAS
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA PARTICIPACIÓN NO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO DERIVADO DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO, DE MEDIDAS URXENTES PARA A REDUCIÓN DA TEMPORALIDADE NO EMPREGO PÚBLICO.
Unha vez publicadas nos Boletíns Oficiais e na Sede Electrónica do Concello de Cangas as Bases especificas do proceso selectivo de Estabilización de Emprego derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, queda ABERTO o prazo de presentación de Solicitudes que vai dende o dia 31/12/2022 ata o dia 19/01/2023 ambos incluidos.
A presentación das solicitudes poderá facerse de forma telemática a través da Sede electrónica https://cangas.sedelectronica.gal/info.0 en “Tramites Destacados”, Presencial no Rexistro Xeral do Concello ou nas Oficinas de Rexistro de outras Administracións Públicas.
Previamente debera solicitar o documento de Autoliquidación para o pago da taxa na Tesourería Municipal, que poderá ser solicitado a través da Sede Electrónica ou de forma presencial no departamento de Tesourería na planta baixa do Concello.
O pago das Taxas será realizado nunha entidade bancaria ou a través da pasarela de “Pago en liña” da Web Municipal no apartado de “Xestións” conservando o xustificante de pago que deberá aportar coa documentación na presentación da solicitude de participación.
As Bases especificas poden ser descargadas no apartado de Descargas a continuación desta publicación.
- Log in to post comments
Ligazóns