Ir o contido principal
A subvención englóbase no marco da liña 2 do Plan Concellos e ascende 96.900 euros

A Deputación de Pontevedra acorda a concesión dunha subvención ó Concello de Cangas para a realización da actuación "Tratamento de residuos sólidos urbanos"

FacebookTwitterShare
Deputación Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria do pasado 24 de febreiro, aprobou a concesión dunha subvención ó Concello de Cangas no marco da liña 2 do PLAN CONCELLOS para a amortización de débedas con entidades financieiras, acreedores de gasto corrente e investimentos 2023, con destino ao financiamento da actuación "Tratamento de residuos sólidos urbanos".

A Deputación Provincial aprobou a petición realizada polo Concello de Cangas, na que solicita con cargo a cantidade que lle corresponde no reparto da subvención que ascende ata un importe de 96.900,11 euros, con destino o financiamento de "Tratamento de residuos sólidos urbanos", e que conta cun orzamento polo mesmo importe.