XV Torneo Copa de Tenis Mesa

A décimo quinta edición do Torneo de Copa de Tenis de Mesa presentouse hoxe na Casa de Xuventude. Acto no que estiveron presentes o concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, e os directivos do Club Cinania T.M. Ángel Fernández e Lisardo Costas.
Trátase dun evento deportivo que se celebrará o vindeiro sábado, día 5 de maio, no pavillón municipal de Romarigo. O seu inicio producirase ás 16:00 horas e estímase que entre as 19:30 e 20:00 horas se repartan os galardóns.
De momento prevese que participen 40 persoas repartidas entre as categorías absoluta (federados e non federados) e a que inclúe aos rapaces e rapazas menores de 12 anos. De tódolos xeitos, a inscrición está aberta ata o xoves 3. Todos e todas as interesadas poden anotarse a través da dirección de correo electrónico cinaniatm@hotmail.com ou mediante o seguinte número de teléfono: 692 029 107.
A competición, que xa goza de fama en toda a comunidade, xuntará a deportistas de Vigo, Tui, Pontevedra, Ourense ou Portugal, entre outras localidades.
Outorgaranse premios aos catro primeiros das dúas categorías. Ademais, espérase poder repartir unha medalla entre todos os nenos e nenas participantes.
Xoán Chillón anima á veciñanza a participar neste torneo e agradece ao Club Cinania por levar a cabo unha “iniciativa que fomenta e promociona o tenis de mesa, ademais de implantar un hábito saudable e deportivo”.
- Log in to post comments