XV Torneo Alevín - Alondras CF

Este mércores, día 15 de maio, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XV TORNEO ALEVÍN – Alondras C.F.
O acto acudiron Xoan C. Chillón (Concelleiro de Deportes) e Pepe García (Directivo do Alondras C.F.)
O evento, que terá lugar o vindeiro venres, día 17 de maio, no Campo de Fútbol do Morrazo, trascorrerá en horario de 10,00/14,00 - 15,30/19,30 h, e nel enfrontaranse un total de 10 equipos (150 xogadores/as) en categoría ALEVÍN – ALONDRAS A / ALONDRAS B / RC. CELTA DE VIGO / CD. AREOSA / SARDOMA C.F. / CORUXO CF. / EFB. MOAÑESA / UMIA CF. / UD. SANTA MARIÑA / AROSA SC.
O encontro está organizado polo ALONDRAS C.F., e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS
A entrada ten un custe de 2 € (donativo)
- Log in to post comments