Ir o contido principal

Xornadas de Primeros Auxilios na Casa da Xuventude

FacebookTwitterShare
 Xornadas de Primeros Auxilios na Casa da Xuventude

A Concellaría de Deporte, en colaboración co servizo de Protección Civil de Cangas, organiza nestes días unhas Xornadas de Primeiros Auxilios no mundo deportivo. Hai que ter en conta que a importancia dunha primeira atención antes da chegada dos medios sanitarios pode axudar a salvar vidas.

A actividade terá lugar na Casa da Xuventude de Cangas, en horario de 20:30 a 22:30 horas, e nela explicaranse unhas nocións básicas de atención ante un accidente deportivo.

En total, inscribíronse 30 persoas organizadas en dous grupos que se repartirán entre hoxe, día 30, e o mércores 31 de xaneiro. Neles haberá adestradores, directivos e deportistas das diferentes entidades deportivas do municipio.