Ir o contido principal

XIX Trofeo Vila de Cangas de Fútbol

FacebookTwitterShare
XIX Trofeo Vila de Cangas de Fútbol

Este luns, día 04 de setembro, levouse a cabo no Salón de Plenos do Concello a  presentación do XIX Trofeo Vila de Cangas de Fútbol.

O encontro, que terá lugar este mércores, día 6 de setembro, no Campo de Fútbol Municipal do Morrazo, transcorrerá en horario de 19:30 a 21:30 horas, e nel enfrontaranse o Alondras C.F. e o Rápido de Bouzas. A calidade e o bo nivel están asegurados. Ademais, a entrada será de balde para todas as persoas asistentes.

Jesús Fernández e Pepe García, pertencentes ao Club Alondras C.F e organizadores deste certame, remarcaron que nesta cita a situación será “moi familiar”, xa que entre ambos os dous equipos lévase producido un intercambio de xogadores moi importante.

Tanto os membros organizadores coma o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón, convidan a afección e a toda a veciñanza a que se achegue a ver o partido: “É un trofeo e todos estamos interesados en gañar”. A disputa ten todos os ingredientes para que o mércores se produza un gran espectáculo, “entre as sensacións que nos está transmitindo o Alondras e o estado de forma do Rápidos de Bouzas o encontro será máis que atractivo”.