XIV Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo

Este mércores, día 8 de maio, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do XIV TROFEO VILA DE CANGAS DE TAEKWONDO.
O acto acudiron Xoán Chillón (Concelleiro de Deportes) e Pablo Casares (Director Deportivo do Club Sares TKD Cangas)
O evento, que terá lugar este domingo 12 de maio no Pavillón Municipal de O Gatañal, transcorrerá en horario de 10.30/13.45 h, e nel participarán preto de 350 taekwondistas.
Na competición participarán deportistas en categoría PITUFOS / PREBENXAMÍN / BENXAMIN / ALEVIN / INFANTIL / CADETE, pertencentes as Escolas Deportivas Municipais e o propio club, e tamén outros achegados dende diferentes clubs da xeografía pontevedresa.
A competición está organizada polo CLUB SARES TKD CANGAS e conta co patrocinio da CONCELLERÍA DE DEPORTES DE CANGAS.
- Log in to post comments