XIV Trofeo Club Ciclista Cangas

Este domingo, día 8 de xullo, terá lugar unha nova edición (14º) do TROFEO CLUB CICLISTA CANGAS, evento organizado polo Club Ciclista Cangas e que conta coa colaboración da Concellaría de Deporte e o Concello de Cangas.
O evento, que terá lugar no centro do Casco Urbán de Cangas (saida-chegada na Alameda Vella de Cangas), trascorrerá en horario de 10.30/12.30 h, e nel prevese a participación de máis de 150 ciclistas, achegados dende diferentes puntos da xeografía galega.
As categorías serán: PRINCIPIANTES / ALEVÍNS / INFANTÍS / PROMESAS
Para unha información máis detallada: Adolfo - 649 05 58 55
- Log in to post comments