XIV Campionato de petanca do Morrazo

O XIV CAMPIONATO DE PETANCA DO MORRAZO, terá lugar os días 12-13-14 de xullo nos Campos Municipais de Petanca, e nel participarán preto de 36 xogadores (12 tripletas). Na proba competirán deportistas en categoría ABSOLUTA, achegados dende diferentes puntos da xeografía comarcal e Vigo.
Horarios:
venres 12 (18,00/21,00 h) / sábado 13 (09,30/12,30 h - 18,00/21,00 h) / domingo 14 (09,30/12,30 h)
A competición está organizada polo CLUB PETANCA CASA DA BOLA e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS
- Log in to post comments