Ir o contido principal

XII Campionato de Petanca do Morrazo

FacebookTwitterShare
XII Campionato de Petanca do Morrazo

Secundino Graña Germade e Joaquín Rodríguez, presidente e tesoureiro do Club Petanca Casa da Bola (respectivamente), presentaron hoxe a doceava edición do Campionato de Petanca do Morrazo. Un acto ao que acudiu o concelleiro de Cultura, Héitor Mera, en representación do concelleiro de Deportes.

A competición terá lugar durante os días 12, 13, 14, 15 e 19 de agosto nos campos municipais de petanca, sendo o último día o destinado a xogar as semifinais e final. Prevese que o horario para esas xornadas transcorra entre as 10:00 e 13:00 horas e as 18:00 e 21:30 horas.

O campionato albergará 10 tripletas, polo que haberá 30 persoas participantes de categoría absoluta que pertencen, na súa maioría, a Cangas, Moaña e Vigo. Os partidos xogaranse a 15 tantos e a formación dos grupos é libres (mixta, feminina ou masculina). Cómpre destacar que a entrada ao evento deportivo é totalmente gratuíta.

Os premios consistirán en trofeos e medallas para os tres primeiros clasificados. Ademais, o club organizador encargarase de ofrecer outros obsequios aos primeiros grupos:

  1. Lacóns e caixa de viño.
  2. Bacallaus e caixa de viño.
  3. Chourizos e caixa de viño.
  4. Caixa de viño.

Héitor Mera comentou durante a presentación que substituír a Xoán C. Chillón nestes días de ausencia é toda “unha experiencia. Esta experiencia con clubs, deportistas, persoal organizador… é gratificante. Fan que goce moito destes eventos. Resúltame moi agradábel estar aquí e apoiarvos no nome do Concello. Sen dúbida, estas competicións fan a Cangas un pouquiño mellor.” Tamén adicou unhas palabras para o Club Petanca Casa da Bola, do que dixo que sempre acollen a todo o mundo. “Fan actividades abertas, sen necesidade de fichas federativas”.