Ir o contido principal

Visita da Secretaria Xeral para o Deporte ás instalacións de atletismo

FacebookTwitterShare
Visita da Secretaria Xeral para o Deporte ás instalacións de atletismo

Recibimos á Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, tras a reforma das pistas de atletismo de Cangas.

As obras foron financiadas gracias a un convenio entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte. Na actuación da primeira fase, que supuxo un desembolso duns 90.600€, realizouse a sustitución total da recta de meta e da curva de contrameta.

En datas próximas, farase unha actuación para arranxar o corredor de salto e, cara a un futuro, agárdase desenvolver a segunda fase de actuación que se acometerá tras un novo convenio.

Dende a Concellaría de Deportes valoran positivamente a visita institucional e a receptividade cara un novo compromiso para levar a cabo, como acabamos de mencionar, un segundo convenio coa Xunta.