VI San Silvestre Canguesa
Este xoves, día 21 de decembro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación da VI San Silvestre Canguesa - Correr e Andar. Un acto ao que acudiron o concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón, e o Presidente do Club Atletismo Morrazo, César Núñez.
O evento, que terá lugar o domingo 31 de decembro, en horario de 16:45 a 18:00 horas, transcorrerá igualmente polas rúas urbanas de Cangas (con saída-chegada na Alameda Vella). Prevese que a participación sexa de preto de 2.000 afeccionados achegados dende diferentes puntos da Comarca do Morrazo.
Para poder participar, ao tratarse dun evento de carácter solidario a prol do Comedor Social, cada atleta deberá entregar 1 kg de comida (non perecedoira, e a poder ser aceite, azucre, leite ou cacao).
A recollida de dorsais realizarase a partir das 15.30 horas e repartiranse 1.500 gorros de Papá Noel.
Esta carreira está organizada polo Club Atletismo Morrazo e conta coa colaboración da Concellaría de Deportes de Cangas e do Comedor Social.
CIRCUÍTO ANDAR (3,5 km): ALAMEDA VELLA – PRAIA DE RODEIRA – ALAMEDA VELLA (16.45 horas)
CIRCUÍTO CORRER (3,8 km): ALAMEDA VELLA – RÚAS DE CANGAS – ALAMEDA VELLA (17.00 horas)
As saídas serán na hora prevista por motivos de seguridade, polo que se solicita que os participantes cheguen con tempo para evitar posibles retrasos.
Como ven sendo habitual, ao rematar o evento terá lugar un sorteo de agasallos.
- Log in to post comments



