Torneo de Dobres de Tenis de Mesa

O vindeiro sábado, día 17 de febreiro, terá lugar unha nova edición do Torneo de Dobres de Entroido de Tenis de Mesa, evento organizado polo Club Cinania T.M e que conta coa colaboración da Concellaría de Deportes de Cangas.
O evento, que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Romarigo, trascorrerá en horario de 16:00 a 20:00 horas, e nel prevese a participación de máis de 30 parellas achegadas desde diferentes puntos da xeografía pontevedresa.
Haberá unha categoría única onde poderán participar parellas mixtas e entregaranse trofeos aos 3 primeiros equipos clasificados.
Para anotarse ou solicitar máis información: 692 029 107 / cinaniatm@hotmail.com.
- Log in to post comments