Ir o contido principal

Presentación Xornada Popular de Xadrez

FacebookTwitterShare
Presentación Xornada Popular de Xadrez

Un ano máis, arredor das Festas do Cristo, contamos cunha xornada popular de xadrez que se desenvolverá o vindeiro domingo, día 27 de agosto, na Alameda Nova de Cangas entre as 11:00 e as 14:00 horas.

Trátase dun encontro aberto no que poden participar todas aquelas persoas que o desexen, independentemente da súa idade. O único que teñen que facer é achegarse nesa franxa horaria ata o lugar designado. A idea principal é gozar do xadrez. Contarase coa presenza de xente do organismo organizador para disputar partidas, ou tamén se poderán realizar entre amigos ou familia.

O concelleiro de deportes, Xoán C. Chillón Iglesias, quere animar a toda a veciñanza para que participe no evento. “Poden ir os pais e as nais cos seus fillos e fillas, o sitio está moi ben emprazado, está á sombra. É un contacto anual arredor de xadrez, un evento lúdico deportivo moi interesante”.