Ir o contido principal

Presentación XIII Torneo Alevín de Fútbol 8 – Alondras C.F.

FacebookTwitterShare
Presentación XIII Torneo Alevín de Fútbol 8 – Alondras C.F.

Esta mañá tivo lugar a presentación do XIII Torneo Alevín de Fútbol 8 – Alondras C.F. na Casa da Xuventude de Cangas.

O Torneo terá lugar o mércores 17 de maio a partir das 10:00 horas no Campo de Fútbol do Morrazo e reunirá a 12 equipos que competirán en dous grupos de 6 equipos cada un.

O Grupo A estará formado polo Alondras C.F., A.D. Vila do Corpus, R.C. Celta de Vigo S.A.D., Céltiga C.F., E.F. Portero 2000 e Sardoma C.F. Por outra banda, no Grupo B competirán o Alondras C.F. “B”, E.F.B. Moañesa, U.D. Santa Mariña, Marcón Atlético, Coruxo F.C. e E.F. Cobres.

Os partidos serán de 2 tempos de 12 minutos cada un, un partido cada media hora, e a novidade deste é a incorporación dos cuartos de final, que permitirán a disputa de máis partidos (5 partidos de fase cada un deles).

A fase previa desenvolverase en horario de 10:00 a 18:00 horas, os cuartos de final ás 18:45 horas, a semifinal ás 20:00 horas e a final ás 20:45 horas. A entrega de trofeos está prevista para ás 21:30 horas, repartíndose 4 premios.

Desde a Concellaría de Ensino e Deportes aplauden esta iniciativa do Alondras, encamiñada a fomentar o deporte nas categorías inferiores, e animan á veciñanza e aos aficionados/as a acompañar e apoiar aos máis pequenos durante esta xornada de fútbol.