Ir o contido principal

Presentación XII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo

FacebookTwitterShare
Presentación XII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo

Este martes, día 16 de maio, tivo lugar a presentación do XII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo na Casa da Xuventude.

O evento terá lugar este domingo 21 de maio, aproveitando unha fin de semana sen competicións de taekwondo. A cita deportiva será no Pavillón Municipal de O Gatañal, en horario de 10:30 a 13:45 horas e con entrada gratuíta.

Na competición participarán deportistas en categoría Pitufos / Prebenxamín / Benxamín / Alevín / Infantil / Cadete pertencentes as Escolas Deportivas Municipais e o propio Sares-TDK, e tamén outros achegados dende diferentes clubs da xeografía pontevedresa.

Este proxecto nace “por e para os colexios de Cangas”, contando coa presenza de nenos e nenas de todos os centros educativos da Vila. Ademais están invitados 4 clubes que participarán nunha categoría solo para clubes, reunindo en total a preto de 350 taekwondistas de entre 4 e 13 anos.

A Categoría Clubes comezará ás 10:30 horas, a Categoría Colexios ás 12:00 horas e as Exhibicións ás 13:00 horas, deixando paso a entrega de trofeos e medallas. Repartiranse preto de 150 medallas, premiando a participación e o esforzo deportivo neste campionato de técnica.

Desde a Concellaría de Ensino e Deporte agradecen o importante traballo do Sares-TDK e do seu Director Deportivo Pablo Casares, unha labor de fomento do deporte base nas categorías inferiores con tan boa acollida no deporte da Vila.