Ir o contido principal

Presentación Verán en ruta 2017

FacebookTwitterShare
Presentación Verán en ruta 2017

Este venres, día 9 de xuño, presentouse na Oficina de Turismo de Cangas todo un clásico na programación de actividades da Concellaría de Medio Ambiente e Turismo: o programa "Verán en ruta 2017". Un total de 22 rutas guiadas gratuítas que se levarán a cabo en Cangas durante os meses de xuño, xullo e agosto.

Trátase dun proxecto que nace da colaboración entre o Concellaría de Medio Ambiente e Turismo e a Asociación de Animación Sociocultural e Turística "A Illa dos Ratos" durante o verán 2016, e que se consolidou durante todo o pasado ano con diferentes programas de rutas.

Nesta ocasión seis son as rutas turísticas escollidas, que se enfocan na posta en valor do patrimonio histórico, industrial e natural de Cangas: Massó, Cabo Home, O Facho, Cangas 1617, Intermareal e Senda Costeira.

Todas aquelas persoas que desexen participar destas actividades, deberán inscribirse na Oficina de Turismo de Cangas ou solicitalo a través da súa e-mail (turismo@cangas.gal).

Este proxecto iniciarase o sábado 17 de xuño coa ruta Cangas 1617. Convidamos a toda a veciñanza a participar destas rutas que seguro non deixarán a ninguén indiferente.