Ir o contido principal

Presentación IV Campionato Escolar de Remo Indoor

FacebookTwitterShare
Presentación IV Campionato Escolar de Remo Indoor

Esta mañá tivo lugar a presentación do IV Campionato Escolar de Remo Indoor na Casa da Xuventude.

O evento terá lugar este sábado 27 de maio no Pavillón de Deportes de Rodeira, en horario de 10:30 a 13:30 horas e con entrada gratuíta.

Na competición participarán preto de 280 nenos e nenas en representación dos centros escolares do municipio, nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, tanto en modalidade masculina como feminina. Os 10 mellores de cada categoría disputarán a final, na que haberá 6 podios (un por categoría).

Este proxecto, organizado polo Club de Remo Vila de Cangas e patrocinado por Cangas Dental,  nace “por e para os colexios de Cangas cun enfoque lúdico creativo”, contando coa presenza de nenos e nenas de todos os centros educativos da Vila.

Pedro Vicente, mestre de Educación Física no IES Montecarrasco, agradeceu que se conte cos centros escolares do concello para desenvolver este tipo de actividades físico-deportivas que axudan a “vencellar ao alumnado co deporte e os hábitos de vida saudables”.

Desde a Concellaría de Ensino e Deporte agradecen o importante traballo conxunto que se esta impulsar desde o Club de Remo Vila de Cangas e os propios centros, un grande esforzo que esta a fomentar o deporte base na nosa Vila a través da participación e a igualdade.