Ir o contido principal

Presentación do XIV Trofeo de Ciclismo

FacebookTwitterShare
 Presentación do XIV Trofeo de Ciclismo

A Casa da Xuventude albergou no día de hoxe a presentación da 14ª edición do Trofeo de Ciclismo, que se desenvolverá o vindeiro sábado 28 de abril a partir das 17:00 horas. Ao acto acudiron o concelleiro de Deporte, Xoán C. Chillón Iglesias, o presidente do Club Ciclista Cangas (ente organizadora da proba), Adolfo Soliño Soliño, e o deportista profesional Delio Fernández.

A competición será circular, con saída e chegada desde a Alameda Vella da vila. O percorrido inclúe o centro de Cangas, Darbo, Aldán, Beluso, Bueu, alto da Portela, Iglesario, Coiro, Espírito Santo e Cangas. Dependendo da categoría, repetirase ou non o circuíto. Os máster 60 farán unha volta, os máster 50, dúas voltas; e os máster 30 e 40, tres voltas completas, o que suma case 80 quilómetros.

Estarán presentes ciclistas nacionais, de Galicia e Asturias principalmente, e tamén internacionais, todos eles chegados desde Portugal. Espérase alcanzar unha participación de, como mínimo, 150 corredores. Entre eles haberá varios exprofesionais, como é o caso de Gonzalo Aguiar.

Delio Fernández, que este ano non estará presente na competición, defínea como unha “carreira que dentro do pelotón máster é moi esperada. Nestas datas fala todo o mundo dela, xa é coñecida. Ademais, hai que puntualizar que é unha proba bastante esixente e gusta entre os ciclistas”. Fernández estará dentro de quince días na Volta Aragón e ten previsto participar na volta Austria. Na primeira parte da tempada comezou en Dubai e estivo presente en París-Niza.