Ir o contido principal

Presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo

FacebookTwitterShare
 Presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo

Este xoves tivo lugar a presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo na Casa da Xuventude.

O evento terá lugar este domingo, día 6 de maio, no pavillón municipal de O Gatañal, en horario de 10:30 a 13:15 horas con entrada gratuíta.

Na competición participarán deportistas en categoría Pitufos / Prebenxamín / Benxamín / Alevín / Infantil / Cadete pertencentes ás escolas deportivas municipais e ao club Sares-TKD (organizador da proba). Asemade, convidáronse tres equipos de Vigo, entre os que se atopan o Budo Castrelos, Máis que auga e As Sport. Cada un deles traerá consigo a 50 rapaces e rapazas, situándose en 350 o total de taekwondistas.

Sen dúbida trátase dun proxecto que promociona o deporte e que quere favorecer unha primeira experiencia entre os nenos e as nenas e o mundo do taekwondo, un deporte no que se lle da unha grande importancia a valores como o da organización, a colaboración, a responsabilidade, ou o de traballo en grupo.

A partir das 13:00 horas será o momento no que comezarán as exhibicións, deixando paso a entrega de trofeos e medallas.

O concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón, agradece e aplaude o traballo do club organizador e do seu director deportivo Pablo Casares Espinosa por un labor de fomento de deporte nas categorías inferiores. Ademais, convida e anima a asistir a toda á veciñanza ao acto.