Ir o contido principal

Presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en pista

FacebookTwitterShare
Presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en pista

Esta mañá tivo lugar a presentación do XIII Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en Pista, organizado polo Club de Atletismo Vila de Cangas, na Casa da Xuventude.

O Trofeo terá lugar o mércores 17 de maio en horario de mañá, de 9:45 a 13:30 horas no Estadio Municipal de Atletismo, e reunirá a preto de 300 atletas de toda a comunidade autónoma.

As persoas participantes competirán nas categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, absoluto e veteranos. Contarán, ademais, coa colaboración da Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra, que competirá en 3000m marcha e 5000m marcha.

Os máis de 300 participantes poderán participar en dúas probas dentro da súa categoría. “Este ano recibimos un maior número de inscricións. As probas son interesantes para mellorar as marcas para os próximos campionatos”.

Desde a Concellaría de Ensino e Deportes aplauden esta iniciativa do Vila de Cangas, coa firme intención de colaborar e apoiar o deporte e impulsar este trofeo en pista. Ademais, animan a toda a familia do atletismo a acompañarnos durante esta xornada deportiva de ingreso totalmente gratuíto.