Parabéns a Yoel Becerra

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ó piragüista cangués YOEL BECERRA (Real Club Naútico Rodeira), pola
consecución dos seguintes resultados:
MEDALLA DE BRONCE / Canoa Obstáculos Eslalom
Éxitos obtidos durante a celebración dos Xogos Olímpicos da Xuventude, que tiveron lugar nestes días na cidade arxentina de Buenos Aires.
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ó deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
- Log in to post comments