Ir o contido principal

Parabéns a Teresa Portela

FacebookTwitterShare
Parabéns Teresa Portela

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns á piragüista canguesa TERESA PORTELA, pola consecución dos seguintes resultados:
MEDALLA DE OURO / K1-200 m
Éxitos obtidos durante a celebración dos Xogos do Mediterráneo, que tiveron lugar neste días no Canal Olímpico de Castelldefels (Barcelona).
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.