Parabéns a Solange Pereira

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns á atleta canguesa Solange Pereira (Valencia Sports), pola súa vitoria no Campionato de España da Milla en Ruta, que se celebrou durante estes días na localidade canaria de La Palma.
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e ao seu club, transmítenselle tamén os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
- Log in to post comments