Ir o contido principal

Parabéns a Solange Pereira

FacebookTwitterShare
 Parabéns a Solange Pereira

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns a atleta canguesa SOLANGE PEREIRA (Valencia Sports), pola súa vitoria nos Campionatos Iberoamericanos (1.500 m), que se celebraron durante estes días na localidade sudamericana de Chan Chan, de Trujillo (Perú).


Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.