Ir o contido principal

Parabéns a Rodrigo Corrales e a Paola García

FacebookTwitterShare
Parabéns a Rodrigo Corrales e a Paola García

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ao deportista cangués Rodrigo Corrales (Selección Española de
Balonmán), pola consecución da Medalla de Ouro no Campionato de Europa de Balonmán que tivo lugar nestas últimas semanas en Croacia.

Tamén a Paola García (Club Remo Vila de Cangas), pola obtención da Medalla de Prata no Campionato de España de Remo (categoría skiff - cadete) que se desenvolveu en Ourense.

Dende aquí, ademais desta felicitación puntual gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma as que motivan a presente felicitación.