Parabéns a Paola García

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns á deportista canguesa PAOLA GARCÍA (Club Remo Vil a de Cangas), pola consecución da MEDALLA DE PRATA no Campionato de España de Remo Olímpico (categoría skiff - cadete) que tivo lugar nestas últimas datas en Sevilla.
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu clube, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
- Log in to post comments