Ir o contido principal

Parabéns a Martín Riobó

FacebookTwitterShare
 Parabéns a Martín Riobó

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ao piloto cangués Martín Riobó (Gas-Gas), pola consecución do 1º posto na cuarta proba puntuable do Campionato de Europa de Trial (categoría xuvenil), que tivo lugar neste días na cidade polaca de Krzeczowice.

Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ao deportista e ao seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.