Parabéns a Martín Riobó

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ó piloto cangués MARTÍN RIOBÓ (Gas-Gas), pola consecución 1º posto no Campionato de Europa de Trial (categoría xuvenil – 125cc).
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ó deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
- Log in to post comments