Ir o contido principal

Parabéns a Lope Quinteiro

FacebookTwitterShare
Parabéns a Lope Quinteiro

A Concellaría de Deporte e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ao atleta cangués Lope Quinteiro do Club Atletismo Vila de Cangas pola consecución da Medalla de Prata nos 1.000 metros no Campionato de España de Atletismo Pista Cuberta Sub-16, que tivo lugar nestes días na cidade catalana de Sabadell. 

Dende aquí, a maiores desta felicitación puntual ao deportista e ao seu club, quérese tranmitir os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías como a que motiva a presente felicitación.