Parabéns a Laura Rodríguez (Club Cinania T.M.)

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns á palista canguesa LAURA RODRÍGUEZ (Club Cinania T.M.), pola consecución da MEDALLA DE PRATA no A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns á palista canguesa LAURA RODRÍGUEZ (Club Cinania T.M.), pola consecución da MEDALLA DE PRATA no Campionato de España Escolar de Tenis de Mesa (Seleccións Autonómicas) que tivo lugar nestes días en cidade Alcázar de San Juan (Cidade Real).
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
O CONCELLEIRO DE DEPORTES
XOAN C. CHILLÓN IGLESIAS
- Log in to post comments