Parabéns a David Barreiro e Pablo Graña

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns o R.C. Náutico Rodeira, polos resultados obtidos polos seus deportistas:
- DAVID BARREIRO
- PABLO GRAÑA
Campións de España Senior C2-1000 m
Éxitos obtidos durante a celebración da 1ª Copa de España de Piragüismo (Sprint - Olímpico) que tivo lugar nas últimas datas no embalse asturiano de Trashona.
Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ós deportistas e ao seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.
O CONCELLEIRO DE DEPORTES
XOAN C. CHILLÓN IGLESIAS
- Log in to post comments