Ir o contido principal

Parabéns ao cangués Yoel Becerra

FacebookTwitterShare
 Parabéns ao cangués Yoel Becerra

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns ao piragüista cangués Yoel Becerra (Real Club Naútico Rodeira), pola
consecución dos seguintes resultados: Medalla de Prata / C1 – 5.000 m (Cadete B). Un éxito obtido durante a celebración do Campionato de España Promesas de Piragüismo, que tivo lugar neste días na cidade balear de Mallorca.

Dende aquí, ademais desta felicitación puntual ó deportista e ao seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.