Ir o contido principal

Parabéns a Ana Piñeiro

FacebookTwitterShare
Parabéns a Ana Piñeiro

A Concellaría de Deportes e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns a atleta canguesa Ana Piñeiro do Club Atletismo Vila de Cangas pola consecución da MEDALLA DE BRONCE – SUB 16 (seleccións autonómicas) no Campionato de España de Marcha en Ruta que tivo lugar nestes días na cidade valenciana de Burjassot.

Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.